Oleiros, 12 de xuño de 2013-. Oleiros busca grupos musicais locais para actuar na Festa da Xuventude que se celebrará o próximo 31 de agosto. Durante este evento os grupos de mozos e mozas compartirán cartel con grupos consolidados como a banda coruñesa Tregua.
A festa celebrarse en Bastiagueiro, un espazo que ofrece posibilidades moi interesantes para o programa que temos previsto. Durante a mañá as actividades deportivas na praia serán as protagonistas, deixando a tarde para o campionato de skate, as actividades de ocio alternativo e a música.
En total serán seleccionados dous grupos. Aquelas formacións interesadas poden achegar as súas maquetas ao Centro de Información Xuvenil, situado no complexo cultural A Fábrica de Perillo. Entre os traballos recibidos farase unha selección para formar o cartel do concerto, e que soará nas ondas de Radio Oleiros para que todos os veciños e veciñas de Oleiros poidan escoitar a súa música.