Oleiros, 14 de maio de 2013-. Oleiros acolle un foro sobre a reforma hipotecaria e as súas consecuencias para os consumidores. O acto celebrarase mañá mércores ás 20 horas nas Torres de Santa Cruz e o acceso será libre. A charla, organizado ADICAE e colabora o Consorcio As Mariñas a través do Plan Coordinador de Servizos Sociais, abordará as posible solucións aos problemas xerados pola actual situación legal. Falarase sobre a posibilidade dunha moratoria nos embargos e sobre a necesidade de frear as cláusulas abusivas como a coñecida como cláusula do solo.
No foro intervirá Ignacio Crespo, concelleiro e Servizos Sociais de Oleiros, como director do Plan Coordinador de Servizos Sociais. Crespo explicará o funcionamento do novo servizo de mediación na vivenda que puxo en marcha o Consorcio e que está integrado polos nove concellos que formam parte do ente.