Oleiros, 8 de maio de 2014-. O Concello de Oleiros organiza para o próximo domingo 11 de maio o IX Festival de Bandas de Oleiros. O concerto celebrarase no auditorio Gabriel García Márquez de Mera a partir das 18.00 horas.
Nesta edición a banda invitada é a Banda da Escola de Música Isabel II de Touro, dirixida por José Lodeiro Gesto. Esta prestixiosa formación conta na actualidade cun total de 45 músicos. Xunto a ela, estará a sensacional Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros, dirixida por Alberto Piñeiro, que na actualidade conta cun total duns 70 músicos. A primeira banda en actuar será a Banda de Touro que interpretará un total de 4 pezas pechando o acto a Banda da Escola Municipal coa interpretación de 3 pezas.