Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Obradoiro de pezas de esmalte no Museo Os Oleiros

 Oleiros, 12 de abril de 2021-. O Museo Os Oleiros abre mañá o prazo de inscrición para un obradoiro no que as persoas que participen explorarán os obxectos expostos no museo e experimentarán as variadas técnicas de decoración con esmaltes. Cada persoa traballará sobre dúas pezas que se lle proporcionarán, baixo a supervisión das ceramistas de Terralume.

 
A actividade vai dirixida a todos os públicos e ten unha duración de tres xornadas, 17 e 24 de abril e 8 de maio. Para obter máis información sobre o obradoiro así coma para formalizar as inscricións é preciso dirixirse ao Museo Os Oleiros, situado nas Torres de Santa Cruz. Tamén é posible chamar por teléfono ao 981 626 692 ou enviar un correo electrónico a museos@oleiros.org.
back link