Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Obradoiro de máscaras de entroido no castelo de Santa Cruz para nenas e nenos entre 6 e 12 anos

O Concello de Oleiros, a través do Museo Os Oleiros; organiza un “Obradoiro de Máscaras de Entroido” para nenas e nenos entre 6 e 12 anos.

A actividade vai dirixida a nenos e nenas de 6 a 12 anos empadroados/as no Concello de Oleiros e terá lugar no Castelo de Santa Cruz o vindeiro sábado 10 de febreiro.

Cada participante fará unha máscara de entroido a partir dos materiais máis variados co a axuda de Antía Ferrer de "El Tigre de Papel".

Os interesados e interesadas poderán inscribirse a través do formulario habilitado na web municipal na quenda que desexen e o prezo é de 4,00 euros. Tamén será posible formalizar a inscrición de xeito presencial no Museo Os Oleiros ou no teléfono 981 626 692 só para aquelas persoas que non dispoñan de acceso aos medios dixitais.


Inscricións:
1ª quenda (de 10.00 a 11.30 h): https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/1043238


2ª quenda (de 12.00 a 13.30 h): https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/1043258

 

back link