Prazas e parques do noso Concello serán o escenario dos artistas e compañías das máis variadas procedencias e disciplinas transformando a rúa nun marco propicio onde provocar a interacción social co público asistente nun ambiente festivo. Todas as actividades son de balde e abertas a toda a cidadanía.
PROGRAMACIÓN:
VENRES 17 DE XULLO
MALABARES/ACROBACIA- La Finestra Nou Circ. Espectáculo “Pilots”. 20:00 h, Parque do Emigrante (Santa Cruz)
CIRCO – Cia. Orain-Bi. Espectáculo "Mute”. 21:00 h, Praza Esther Pita (Santa Cruz)
SÁBADO 18 DE XULLO
TEATRO – Teatro Ghazafelhos. Espectáculo “Sherezade,Aladino e os tres beduínos”. 20:00 h, Parque José Martí (Santa Cristina)
CONCERTO – Vangoura. 21:15 h, Praza Afundida (Santa Cristina)
DOMINGO 19 DE XULLO
MÚSICA INFANTIL – Lembra Xabarín. Espectáculo “Concerto tributo Lembra Xabarín”. 12:30 h, Parque das Torres (Santa Cruz)
DANZA CONTEMPORÁNEA – Residencia Paraíso Darío Bardam. Espectáculo “Proxecto Phantom”. 20:00 h, Parque Luis Seoane (Santa Cruz)