Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O voluntariado de Oleiros quere que lle ¿dean a lata¿

Oleiros, 7 de xuño de 2016-. O Banco Solidario do Voluntariado de Oleiros vai desenvolver neste ano 2016 unha única campaña de recollida de produtos de alimentación, nos centros educativos públicos, co lema “DANOS A LATA”. A campaña vaise desenvolver desde esta semana e ata o 10 de xuño en todas as escolas infantís, colexios e institutos públicos do termo municipal. En total repartíronse preto de 3.500 cartas a todo o alumnado e ás súas familias para informar desta acción solidaria.

Os produtos que se solicitan son os seguintes:

• CONSERVAS ANIMAIS (atún, sardiñas, mexillóns, albóndegas, callos...)

• CONSERVAS VEXETAIS (xudías, tomate, champiñóns...)

• CONSERVAS DE FROITAS (melocotóns, macedonia...)

Como en ocasións anteriores, esta campaña ten como obxectivo complementar as actuacións que se levan a cabo desde outros programas municipais.

O Banco Solidario, un dos proxectos do Voluntariado de Oleiros no que están implicados un gran número de voluntarios e voluntarias, ten unha actividade continua durante todo o ano e colabora non só nestas campañas, senón tamén noutras reparticións dos distintos programas municipais.

 

back link