O concurso de disfraces contará con categorías de grupos, individuais e parellas. En grupos haberá un primeiro premio de 1.500 €, un segundo de 1.000 €, dous terceiros de 500 € e un accésit de 400 €. En individual e parellas o primeiro premio será de 400 €, o segundo de 300 €, haberá dous terceiros de 200 € e dous accésit de 100 €.
O prazo de inscrición para apuntarse ao concurso estará aberto na web municipal ata o mércores, onde tamén se poden consultar as bases do concurso.
INSCRICIÓNS: https://sede.oleiros.org/sta/CarpetaPublic/doEvent?APP_CODE=STA&PAGE_CODE=CATALOGO&DETALLE=6269007487015956005301