Oleiros, 15 de novembro de 2019-. O temporal que azoutou durante o día de onte o Concello de Oleiros destrozou a cuberta da piscina municipal de Perillo. A instalación permanecerá pechada ata que finalicen as tarefas de reparación.
O temporal casou diversos danos en todo o municipio. Houbo varias caídas de árbores, nalgúns casos sobre rúas, que provocaron cortes na circulación. Tamén. Os operarios de Servizos Municipais, Policía Local e Servizo Municipal de Emerxencias traballaron arreo durante toda a xornada para minimizar as consecuencias do forte vento e das chuvias.