Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Servizo municipal de Emerxencias levou a cabo un total de 104 intervencións ao longo do mes d

Oleiros, 14 de febreiro de 2014-. O Servizo municipal de Emerxencias do Concello de Oleiros levou a cabo un total de 104 intervencións ao longo do mes de xaneiro. O servizo de atención continuada ao longo das 24 horas do día encargouse de socorrer máis dun centenar de incidencias. Dentro destas intervencións, sete fuches accidentes de tráfico, 4 incendios domésticos e 14 incidencias na circulación de vehículos provocadas por desprendementos ou derrubes de árbores nas vías públicas debido aos temporais que abordelaron a comarca ao longo das últimas semanas. Ademais destas accións, destaca unha situación de rescate catalogada polos técnicos como «situación difícil», xa que se tivo que realizar unha manobra de salvamento. O resto de intervencións, ata completar as 104, foron comprobacións e operativos rutineiros, como o control de tráfico en centros de ensino e zonas públicas.

back link