Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Santa Cruz, campión do LV Trofeo Concello de Oleiros

O Santa Cruz proclamouse campión do LV Trofeo Concello de Oleiros de fútbol masculino tras gañar na final ao Unión Campestre por 3-1 no Campo Municipal Nano García de Iñás. Os goleadores do Santa Cruz foron Mateo Nuin, Álvaro Veiga e Luis López.

O histórico torneo de fútbol de Oleiros chega xa á súa 55ª edición, reunindo un ano máis aos equipos do municipio e enchendo de ambiente deportivo os campos durante varias semanas de competición.
 
Nesta edición, o Santa Cruz C.F. e o Unión Campestre acadaron o dereito a disputar a gran final tras superar as súas respectivas semifinais. O Santa Cruz impúxose por 2-1 ao Marino de Mera, mentres que o Unión Campestre venceu por 4-2 ao Atlético San Pedro. Previamente, na fase de grupos, tamén participaron o Atlético Perillo, Cristo Rey, Hércules, Mercurio e Obrero.

Todos os equipos participantes neste torneo, tanto no cadro feminino como masculino, repártense 16.050 euros, destinado principalmente aos premios económicos.

GALERÍA


 

back link