Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O sábado e o domingo celébrase o XVI Torneo Concello de Oleiros de Tenis de Mesa

Oleiros, 26 de maio de 2016-. Esta fin de semana o pavillón de Bastiagueiro será o escenario do XVI Torneo Concello de Oleiros de tenis de mesa. Participarán nesta proba 115 persoas, desde a categoría alevín ata a de veteranos.

Na xornada do sábado disputaranse os partidos de todas as categorías, agás os das absolutas masculinas e femininas que serán o domingo. Os horarios para ambos días van desde as 9:00 ata as 21:00 h, estando previsto que as semifinais e as finais de cada unha das categorías sexan cara ao final da tarde.
 

CADRO DE PARTIDOS

back link