Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O sábado 20 de abril finaliza a Liga de Judo de Oleiros coa entrega de medallas

O vindeiro sábado 20 de abril, a partir das 9:00 horas, terá lugar a final da Liga de Judo de Oleiros no Pavillón José Antonio García nieto de Mera.

Comezará a xornada a Categoría Sub 13-Liga B. A entrega de medallas será ás 11:40 horas e continuará a sesión coa Categoría Sub 11-Liga A, cuxa entrega de premios se celebrará ás 12:45 horas.

Durante as xornadas de judo participarán máis de 400 nenos e nenas en idade escolar  de 14 clubs procedentes de Oleiros, A Coruña, Santiago, Lugo, Avilés e Xixón.

back link