Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O roteiro cultural e literario percorrerá as rúas do municipio os días 30 e 31 de maio

Oleiros, 19 de maio de 2017-. O Concello de Oleiros e o IES Miraflores organizan unha nova edición do roteiro cultural e literario que consistirá nun recorrido por distintos lugares do municipio relacionados con Manuel Abelenda, María Adalid González e Xosé Neira Vilas, como unha homenaxe a todas elas.

Todas as persoas participantes comezarán o percorrido nas Torres de Santa Cruz, onde se proxectarán imaxes (acompañadas dunha breve explicación) de diversas obras dos pintores Manuel Abelenda e María Adalid González; seguirán na rúa do Pombal en Perillo para coñecer a casa de Manuel Abelenda para, a continuación, ir ata o Instituto Neira Vilas onde se homenaxeará o escritor Xosé Neira Vilas. O roteiro finalizará no pazo de Lóngora, en Montrove, na casa de María Adalid González.
 

back link