Por mor desta avaría, desde a pasada noite víronse afectadas varias zonas de Perillo e Liáns. Ademais de iniciar as obras de reparación xa de madrugada, debido á infraestrutura de tuberías que ten o Concello, abríronse os bypass existentes para proporcionar auga a todas as zonas afectadas de forma inversa á habitual, dando auga á maioría dos domicilios, agás as zonas máis altas: Coruxo de Arriba, Pazos, rúa dos Niños,...
A avaría quedou reparada un pouco antes das 13:00 horas. Desde entón comezou a recuperarse o servizo na súa totalidade.