Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O proxecto de dinamización lectora presentado por Oleiros, seleccionado para a Campaña de Anima

Oleiros, 19 de abril de 2013-. Un ano máis, o proxecto de dinamización lectora presentado polas Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros, titulado «Lecturas para ti» foi seleccionado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a FEMP dentro da Campaña de Animación á Lectura María Moliner correspondente á convocatoria de 2012. De entre os moitos proxectos presentados seleccionou 300 proxectos ganadores que recibirán un lote bibliográfico de 180 libros.

Esta Campaña de Animación á Lectura é un concurso dirixido aos municipios de menos de 50.000 habitantes para premiar os mellores proxectos ou actividades de dinamización lectora desenvolvidas nas súas bibliotecas, co obxectivo de promover a lectura entre todos os colectivos sociais, especialmente, nenos, nenas e mozos e mozas. As bibliotecas municipais de Oleiros recibiron o máximo galardón correspondente a municipios de entre 20.001 e 50.000 habitantes na convocatoria de 2011.

Co obxectivo de conmemorar o Día Internacional do Libro e o mes de abril como mes do libro e a lectura, nas Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros organízanse unha ampla programación de actividades de fomento da lectura baixo o título de En abril, libros mil. Este amplo programa está a disposición dos veciños e veciñas na páxina web municipal e nel inclúense obradoiros de banda deseñada ou de poesía, actuacións de contacontos, etc...
 

back link