Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O programa de reforzo e apoio educativo (PRAEMO) para alumnado de primaria e secundaria comeza en outubro

O programa de reforzo e apoio educativo municipal de Oleiros (PRAEMO) volverá comezar a finais de outubro. Estas clases ofértanse para o alumnado de 4º de primaria en diante e de toda secundaria.

As sesións comezan a semana do 19 de outubro e prolónganse ata a do 14 de xuño do ano próximo. Terán lugar en Santa Cruz, Nós, Mera e Perillo, aínda que se nalgunha das ubicacións non se acada un mínimo de alumnado poderanse reagrupar sedes.

As persoas interesadas poden inscribirse antes do 30 de setembro cubrindo a ficha de inscrición na web e enviándoa por correo a ensino@oleiros.org ou presencialmente na Fábrica.

Esta oferta de aulas de reforzo procuran que aumente o éxito académico no colexio ou instituto, que o estudantado se sinta máis interesado polas clases, que as persoas que acudan poidan incorporar na súa vida hábitos e técnicas de estudo, así como reforzar as aprendizaxes na aula.

MÁIS INFORMACIÓN

back link