Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Porto de Lorbé queda incomunicado debido a inexistencia do acceso da vía Ártabra

Oleiros, 01 de marzo de 2016-. A non finalización do acceso da vía Ártabra ao porto de Lorbé provocou que a pasada fin de semana o peirao oleirense quedara incomunicado. A única estrada de acceso existente na actualidade quedou pechada debido a un derrubamento de terra e tullas que obrigou a cortar o tráfico.

Actualmente, esa vella corredoira chea de curvas é o único vial de acceso a este importante porto pesqueiro no que a actividade acuícola tamén ten unha grande importancia. “Como se pode ter a un porto como este incomunicado? Hai 12 barcos e varias empresas que se dedican ao mexillón. Teñen que circular camións e isto non pode suceder”, dixo o alcalde de Oleiros Ángel García Seoane.
 

back link