Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O pleno municipal aproba definitivamente a actualización das ordenanzas fiscais

O pleno do mes de decembro celebrado na mañá de hoxe aprobou definitivamente a actualización das ordenanzas fiscais, unha modificación puntual da RPT e a participación do Concello de Oleiros no POS+ Adicional 1/2025 da Deputación provincial da Coruña.

O plenario municipal aprobou definitivamente a actualización de diferentes ordenanzas fiscais municipais. No pleno de hoxe aprobouse tamén unha modificación puntual da Relación de Postos de Traballo do Concello e máis a participación do mesmo no POS+ Adicional 1/2025 da Deputación Provincial da Coruña dedicado a Servizos Sociais por un importe de 163.791 euros.

back link