Hemeroteca

Asset Publisher

Back O pleno demanda a paralización da ampliación do aeroporto de Alvedro e da pegada sonora

 Oleiros, 27 de maio de 2021-. O Goberno municipal aprobou unha moción no pleno para demandar ao Goberno central a anulación do expediente de ampliación do aeroporto de Alvedro. Tamén se acordou solicitar que a ampliación da pegada sonora quedase sen efecto.

 
O Goberno municipal explicou que Alvedro é un aeroporto que debe seguir a prestar os seus actuais servizos. Debido á súa situación urbana, calquera ampliación que se puidese abordar sería insuficiente para acadar unha mellora notable dos voos. O Ministerio debe planificar o servizo aéreo de Galicia de maneira conxunta, centrando en Santiago de Compostela as posibles ampliacións de rutas, tanto interiores como internacionais para dar servizo a empresas e pasaxeiros galegos. Ademais, a posta en marcha do AVE tamén minorará o uso de liñas aéreas.
 
No pleno celebrado hoxe tamén se aprobou unha moción en apoio á manifestación convocada para este domingo en contra da privatización dos terreos públicos do Porto da Coruña. A marcha partirá ás 12 horas da praza da Palloza e concluirá en María Pita.
 
Ademais, a concelleira do Partido Popular, Tristana Moraleja, presentou a súa dimisión.
back link