Oleiros, 14 de abril de 2018-. Desde o Concello de Oleiros segue a apostarse polo apoio ás persoas coidadoras, o benestar das familias que teñen persoas con dependencia na casa é un das prioridades do Goberno municipal. Desde fai anos estase a desenvolver o Programa de Apoio a Coidadores, a través dos grupos “Descubrindo emocións” e “Coidando emocións” dentro deste último, un grupo xa consolidado que acude quincenalmente a sesións de apoio con terapeutas especializados, iniciouse unha nova actividade denominada “O Paseo dos Sentidos” co obxectivo de axudar a construír unha autonomía persoal das persoas coidadoras e o mantemento de vínculos sociais de apoio mutuo.
As persoas participantes realizan unha ruta onde o máis importante non vai ser onde se vai, o importante será o que nos rodea e quen nos rodea. A actividade consistirá na realización de pequena rutas de sendeirismo, seleccionadas pola súa tranquilidade, paisaxe (bosques, paseos, parques, grandes árbores, fauna, miradoiros, elementos do patrimonio…)
Unha actividade relaxante onde descubrirán lugares, parques, elementos do patrimonio e paisaxes que nos motiven a facer novas visitas. Introduce aos participantes noutros xeitos de relación coa natureza como a observación de aves, a interpretación da paisaxe, o sons da natureza… así como na experimentación dos sentidos coa contorna.