Hemeroteca

Asset Publisher

Back O novo espazo natural público da rúa do Mar denominarase Parque Rosalía Mera

O novo espazo natural público da rúa do Mar denominarase Parque Rosalía Mera, unha colaboradora habitual das iniciativas municipais, non só no antigo certame fotográfico internacional Revela, senón tamén nas políticas de cooperación internacional. “Cando precisabamos enviar recursos ao Sáhara, a Cuba, a Guatemala ou a calquera outro lugar do mundo, ela sempre colaboraba”.

A súa figura queda desde esta tarde inmortalizada nunha escultura de aceiro cortén. Esa obra de arte é un dos múltiples encantos deste parque que conta con anacos de vellas edificacións e valados de pedra, no que se instalou unha zona de sombra para xogos de mesa, varios conxuntos de estar, recunchos para o recollemento e un tratamento da xardinería moi cercano aos conceptos silvestres, con refuxios para morcegos, hoteis de insectos, un pequeno estanque e múltiples plantacións de especies das que se encargaron alumnas e alumnos dos centros educativos do Concello.

Precisamente a educación foi unha das chaves que aportou o alcalde, Ángel García Seoane, no seu discurso inaugural, que foi en si mesmo unha homenaxe a Rosalía Mera e á súa filla Sandra Ortega, “unha familia —dixo García Seoane— que pese a ser das máis ricas do país nunca fixo ostentación e sempre viviu aquí coa súa familia, enviando aos seus fillos ás escolas públicas de Oleiros”. O alcalde tamén agradeceu, unha vez máis, a doazón do parque a Sandra Ortega e o mimo con que traballaron non só o departamento de parques e xardíns do Concello, senón Trébore, a construtora Esmorís, o Grupo Naturalista Hábitat, o alumnado dos colexios públicos de Oleiros ou a muralista Lidia Cao.


 

back link