Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Ministerio retrasa o primeiro dos cortes nos garaxes de Sol y Mar

 Oleiros, 18 de marzo de 2022-. Debido á folga no transporte a empresa que está a realizar o túnel de Sol y Mar non recibiu parte dos subministros que precisa. Ante esta situación, o Ministerio comunicou ao Concello que o primeiro dos cortes nos accesos aos garaxes dos veciños e veciñas de Sol y Mar será adiado. 

 
En contra do que estaba previsto, os garaxes dos números 6, 7 e 8 da praza dos Areeiros non van quedar cortados o vindeiro luns 21 de marzo. Tan pronto como o Concello reciba información ao respecto será comunicada aos veciños e veciñas afectados.
back link