Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O martes pecha o prazo de preinscrición para participar na viaxe á neve da Deputación

 Oleiros, 9 de decembro de 2021-. Entre o 11 e o 14 de febreiro a Deputación da Coruña organiza unha viaxe á estación de esquí de Valgrande-Pajares para rapaces e rapazas de entre 12 e 15 anos. Para poder participar as persoas interesadas deberán preinscribirse na Fábrica antes do día 14 de decembro.

 
O prezo da viaxe, co transporte incluído, é de 85 euros. Unha vez rematado o período de preinscrición, no caso de que haxa máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo público.
back link