Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O martes 3 de novembro non haberá servizo de recollida de lixo nin abrirá o punto limpo

 Oleiros, 30 de outubro de 2020-. O Consorcio das Mariñas comunicou aos distintos municipios da comarca que non se realizará o servizo de recollida de lixo o día 3 de novembro, debido ao patrón dos barrendeiros. O punto limpo de Iñás tamén permanecerá pechado ese día polo mesmo motivo.

 
Desde o Concello de Oleiros recoméndaselle aos veciños e veciñas que teñan en conta esta especial circunstancia.
back link