Durante a súa intervención, o alcalde destacou a importante histórica do club, que transcende o ámbito deporitvo, e agradeceu ás centos de persoas que contribuíron desde 1924 a facer do Marino unha entidade de referencia na práctica deportiva na comarca da Coruña. En recoñecemento aos 100 anos de vida da entidade, o Goberno municipal agasallou ao club co regalo institucional do Concello de Oleiros.
Na actualidade, froito do bo traballo de directivos, técnicos e xogadores, o Marino de Mera está a vivir un grande momento, realizando un magnífico labor de canteira que se acaba materializar co ascenso do equipo xuvenil á Liga Galega; así como co ascenso do primeiro equipo a 2ª autonómica. O uso das novas instalacións do Campo Deportivo municipal da Marola, nas que o Concello investiu máis de 5 millóns de euros para a súa creación, tamén favorecen ao crecemento deportivo do club.