Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O luns abre o prazo de inscrición para unhas xornadas micolóxicas

Oleiros, 20 de outubro de 2017-. O Concello de Oleiros organiza unhas xornadas micolóxicas os días 2, 3 e 4 de novembro. Actividade está dirixida a persoas maiores de 18 anos e ofértanse  40 prazas, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

As xornadas consisten nunha charla de iniciación o xoves 2 de novembro, unha sesión para persoas con coñecementos o venres 3 e unha saída conxunta ao campo con desprazamento en autobús para observación, recollida, recoñecemento e identificación de especies no campo o sábado 4 de novembro.

Para máis información e inscricións débese contactar co Departamento de Cultura nos teléfonos 981 610 000 (extensión 4916) ou no seguinte correo electrónico r.caparros@oleiros.org.
 

back link