Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O luns abre o prazo de inscrición para as actividades de verán para xóvenes de entre 14 e 18 an

Oleiros, 2 de xuño de 2016-. O Concello de Oleiros organiza actividades de verán para os mozos e mozas de entre 14 e 18 anos.  A preinscrición para  poder participar comezará o vindeiro luns 6 de xuño e levarase a cabo desde o Centro de información Xuvenil ubicado na Fábrica.

Entre as actividades programadas atópanse obradoiro de robótica, obradoiro de xadrez, obradoiro de curtas e obradoiro de radio. Para obter máis información, as persoas interesadas poden consultar no espazo de xuventude da web municipal ou no 981 636 598.
 

back link