Oleiros, 25 de xaneiro de 2016-. O Concello de Oleiros organiza a terceira edición do ciclo de música para as noites dos sábados do mes de xaneiro e febreiro que estará integrado por catro concertos que abranguen estilos musicais moi diversos: soul, jazz, swing, fado, bolero e pop. O obxectivo principal é a difusión da música como disciplina artística e a promoción de novos artistas e doutros que xa contan cunha traxectoria musical recoñecida.
O sábado 30 xaneiro, ás 20:30 horas no centro cultural A Fábrica de Perillo, o grupo The Lollipops ofrece unha viaxe ao swing dos anos 50 da man dun trío vocal formado por Paty Lesta, Marian Ledesma e Paula Romero acompañadas ao piano por Cristian Leggiero. O concerto de The Lollipops invita ao público a lembrar grandes éxitos do swing, jazz, góspel ou dixieland. As entradas poñeranse á venda a partir das 19.30 horas a un prezo de 2,50 euros, ata completar a capacidade da sala.