Este grupo está integrado por persoas que acoden aos obradoiros de memoria do programa municipal de Envellecemento activo e participan no alfar das Torres nun proxecto colectivo de traballo sobre a relación que Oleiros ten co barro, no presente e tamén no pasado. Tratan varias temáticas relacionadas: a cociña, as herbas... ademais de realizar actividades interxeracionais nas escolas.
Para ir aos colexios están preparando varias intervencións baixo o nome “A pegada da natureza”. Ofrecerán unha clase sobre os seus coñecementos, relacionados coas herbas e ensinaranlles á rapazada a facer unha medalla de barro e herbas.