Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Goberno municipal aprobará no próximo pleno un conxunto de obras valoradas en máis dun millón

Oleiros, 18 de maio de 2018-. O Goberno municipal ten previsto aprobar no próximo pleno municipal, que terá o lugar o día 31 de maio, un conxunto de diversas obras valoradas en 1.162.129,33 euros e que se financiarán con cargo ao superávit económico do exercicio 2017. As actuacións que se van aprobar son as seguintes:

Acondicionamento das rúas Río Xallas, Río Ulla e Río Eo: 163.297,41 euros
Peche dos fosos do Parque do Graxal: 3.205,22 euros
Construción de peche na masa de madeira Bastiagueiro: 27.380,01 euros
Renovación da cuberta do Parque José Couso: 38.948,27 euros
Acondicionamento das casas do Pobo de Lorbé e Dexo: 143.170,62 euros
Almacén na pista polideportiva da Segunda República (Perillo): 34.676,45 euros
Pintado das luminarias do paseo marítimo de Santa Cristina: 5.389,75 euros
Parque Costeiro Metropolitano de Bastiagueiro (segunda fase): 354.525,09 euros
Monumento aos avós: 30.000 euros
Mellora da pavimentación na pista deportiva do Seixal: 33.172,32 euros
Pavimentación das rúas Mapoulas e Abella: 53.430,38 euros
Parque Infantil na urbanización As Torres: 78.564,62 euros
Adecuación das rotondas de acceso ás urbanizacións O Graxal e As Torres e rotonda de Abeleiras: 48.398,05 euros
Tratamento da madeira do paseo marítimo Manuel Rial de Mera, Parque das Galeras, pasarela do Castelo de Santa Cruz e urbanización O Graxal: 110.299,69 euros
Pavimentación do aparcamento da Mazota: 37.671,45 euros

Ademais, no mes de xuño serán aprobadas outro conxunto de actuacións con cargo ao superávit do 2017, que en total é de 1.891.271,59 euros. A maiores, tamén está prevista a realización doutras obras por valor de 2,5 millóns de euros procedentes do remanente de tesourería.


 

back link