Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Goberno municipal aproba unha moción para a regularización da profesión de educación social

Oleiros, 25 de maio de 2017-. O Goberno municipal aprobou no pleno celebrado hoxe unha moción para a creación dunha lei de regularización da profesión de Educación Social. Na sesión, que non contaba con asuntos a tratar, o alcalde atendeu as preguntas formuladas polos grupos da oposición.

A Educación social é unha das carreiras do ámbito dos servizos sociais de máis recente incorporación á oferta universitaria. O seu papel é fundamental no ámbito dos servizos sociais nun Estado democrático e de dereito xa que a súa intervención garante dereitos tan básicos como son a igualdade e a xustiza social. Por iso o Goberno municipal decidiu apoiar a reivindicación dos colexios profesionais de educación social de toda España para desenvolver unha lei de regularización da profesión de educación social.
 

back link