Oleiros, 29 de outubro de 2010-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane e o Goberno local inaugurarán mañá o novo complexo deportivo de Dorneda, situado nas inmediacións da urbanización Rialta. O acto terá lugar mañá ás 17.00 horas e están convidados todos os veciños e veciñas que queiran asistir.
O domingo 31 de outubro e o luns 1 de novembro haberá xornada de portas abertas, polo que esta instalación poderá ser visitada tamén polas persoas que o desexen.