Oleiros, 25 de abril de 2013-. O Goberno local de Oleiros apoiará as iniciativas da plataforma en defensa do ensino público na súa loita por evitar que a calidade educativa do municipio se vexa recortada por mor das políticas de privatización do ensino que están a levar desde o Ministerio de Educación e o recorte en investimento económico que leva a cabo a Xunta de Galicia. Así se acordou nunha reunión mantida antonte entre representantes do Goberno municipal e representases desta plataforma local. O apoio do grupo de goberno, que está a participar desde hai meses nas iniciativas que manan desta plataforma, quedará patente no peche que se levará a cabo a partir das 19.00 horas no CEIP A Rabadeira de Oleiros, no que participará de forma activa.