Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O García Márquez acolle a presentación da nova traiñeira do Club Deportivo Mariñeiro de Mera

 Oleiros, 27 de outubro de 2014-. O Club Deportivo Mariñeiro de Mera presenta o próximo sábado día 1 de novembro a súa nova traiñeira bautizada como A Mariñeira. O acto celebrarase no auditorio Gabriel García Márquez a partir das 19.00 horas. A gala será presentada polo periodista Alfonso Hermida. Logo actuará a Coral Polifónica de Mera. Tras a presentación, ás 21.00 horas, celebrarase unha festa na casa do pobo na que se poderán degustar mexillóns e bailar ao son da música de Dj Gus.

back link