Hemeroteca

Asset Publisher

Back O drama A conquista da escola de Madhubai, este sábado no auditorio Gabriel García Márquez

 Oleiros, 7 de outubro de 2020-. A compañía Teatro do Atlántico presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera a obra A conquista da escola de Madhubai. María Barcala, Heyla Fariña e César Goldi forman o elenco desta obra creada por Hèléne Cixous e dirixida por Xulio Lago.

 
A autora inspírase na historia de Phoolan Devi, coñecida como "a raíña dos bandidos", quen foi unha destacada referencia para o feminismo autóctono indio. Con ese punto de partida, e facendo uso da capacidade extraordinaria que ten o teatro para servir de espello á sociedade que o contempla, pretendemos, ao tempo de traballar na procura dun discurso artístico atractivo e rigoroso, poñer en debate feitos que están a acontecer hoxe en moitos puntos da nosa contorna, as chamadas "manadas"; e ao tempo transitar por outros asuntos principais como o dereito á educación. O impulso de rebeldía contra o maltrato. O concepto de Liberdade. A complexa dialéctica entre Lei e Xustiza. O interese persoal e o interese público no exercicio da acción política. A vinganza: unha viaxe sen final.
 
As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, a 3,50 euros, ata completar a capacidade da sala. A obra está recomendada para maiores de 12 anos. 
 
Ante a situación sanitaria, e seguindo as directrices das autoridades, a capacidade da sala estará limitada. Será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización.
 
back link