Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello volve denunciar o retraso no inicio da obra de Sol y Mar

 Oleiros, 16 de abril de 2021-. O Concello de Oleiros está a demandar o inmediato inicio das obras de construción dunha rotonda en superficie e un túnel inferior na N-VI ao seu paso por Perillo, na zona coñecida como Sol y Mar. Representantes municipais mantiveron unha reunión coa Demarcación de Estradas na que demandaron o inmediato inicio desta importante obra para a mellora da mobilidade do conxunto da comarca.

 
“É alarmante que siga sen comezar esta obra. Non sei a que están esperando. É incomprensible que tendo que empezar un mes despois da sinatura do contrato non apareza a obra por ningún lado. Paréceme escandaloso que podendo levar xa un par de meses traballando vaian empezar ás portas do verán, xusto cando máis problemas de tráfico vai haber”, dixo o alcalde de Oleiros Ángel García Seoane.
 
back link