Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello vai abrirlle un expediente á Igrexa para que repare o cruceiro de Dexo

Oleiros, 31 de xaneiro de 2020-. O Concello de Oleiros vai proceder á apertura dun expediente para requerirlle á Igrexa que proceda á reparación do cruceiro de Dexo. Este destacado elemento patrimonial, restaurado polo Concello de Oleiros xunto coa Igrexa no ano 1990, leva máis dun ano inclinado e cun serio risco de caída.

 
“En novembro de 2018, cando os veciños nos chamaron alertando da situación, o que fixo o Concello foi poñerlle unha valla, para evitar que lle caera a alguén enriba. Reclamámoslle ao párroco que arranxara esta situación, pero a día de hoxe seguimos igual”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.
back link