Para a conservación duns espazos públicos agradables e saneados, resulta imprescindible o cumprimento das normas do depósito de lixo. Ninguén ten dereito a degradar os espazos públicos de Oleiros.
O Concello solicita a colaboración veciñal para que a Policía Local poida identificar ás persoas infractoras e así sancionar (entre 500 e 1.500 euros) a quen non respecte as normas, como xa se ten feito noutras ocasións. O teléfono da Policía Local é o 981610001.