Oleiros, 27 de outubro de 2015-. O Concello de Oleiros solicita a todos os veciños e veciñas do municipio que colaboren para evitar os roubos de cable de cobre. En caso de detectar faltas de luz pública anormais, que se poñan en contacto telefónico o máis rápido posible coa Policía Local no 981 610 001.
Nos últimos días estanse a producir diferentes roubos de cable de cobre no municipio. Na madrugada do domingo foi subtraído o cobre da iluminación do paseo da praia de Bastiagueiro e no día de hoxe descubriuse que tamén desapareceu cable no aparcamento do cemiterio da igrexa de Liáns. Estes delitos, ademais de supoñer un importante custo para as arcas públicas provocan a perda do servizo mentres non se realiza a substitución do material extraído.