Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello reclama á Xunta e ao Concello de Cambre que impidan os verquidos irregulares no Espíritu Santo que afectan a Oleiros

Un novo episodio de contaminación con evidentes molestias á cidadanía rexistrouse o pasado domingo en San Bartolomé de las Casas, en Nós. Tal como explicou o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, “cando a xente vive un problema deste tipo, rapidamente se acorda do alcalde, pero o problema non é responsabilidade do Concello, nin tan sequera ten orixe en Oleiros”.

O problema veu provocado, unha vez máis, por unha empresa que está asentada no polígono de Cambre que se dedica ao envasado de polbo. De xeito irregular verteu á rede de augas residuais que procedendo de Cambre desemboca en Oleiros, provocando o colapso da tubería.

O Concello de Oleiros puxo este incidente en coñecemento da Xunta e do Concello de Cambre para que realicen as inspeccións necesarias e impidan que se repitan estes problemas, que causan unha grande molestia á cidadanía.
 

back link