Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello recibe unha doazón de pezas de arte valorada en máis dun millón de euros

 Oleiros, 12 de xullo de 2021-. Un cidadán realizou unha doazón ao Concello de Oleiros de diversas pezas de arte valorada inicialmente en máis dun millón de euros. Trátase dunha ampla colección de todo tipo de obras que foron entregadas gratuítamente ao Concello coa única condición de que se expuxera ao público de maneira conxunta nun mesmo recinto.

 
“Hai varias semanas chamoume unha persoa que tiña unha grande colección de obras de arte (cadros, figuras, reloxos, mobles, esculturas, moedas,...) porque quería doarlla ao Concello, coa única condición de que se expuxera de forma conxunta. Segundo me comentaba dirixirase tanto á Xunta como ao Concello de Sada para ofrecer todo este patrimonio, pero parece que todos lle daban largas. Nós, indubidablemente, fomos ver o que tiña e dado o seu valor artístico aceptamos de inmediato. Estamos falando de que podería ter un valor superior a un millón de euros. Polo momento non podo facer público o nome desta persoa. Tan pronto como sexa posible fareino, para agradecerlle esta importante doazón ao Concello de Oleiros”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
back link