O Concello de Oleiros realiza un traballo moi serio e rigoroso neste ámbito. Todas as praias do municipio están dotadas de múltiples servizos. Ademais, Oleiros destaca pola calidade das augas e a conservación e ordenación dos contornos das praias e de todo o litoral. Tamén existe unha ordenanza, pioneira en Galicia, que contempla unha normativa que garante a convivencia e a seguridade dos bañistas.
Hemeroteca
Asset Publisher
O Concello recibe as 5 bandeiras azuis para as praias e os distintivos dos centros azuis para o Castelo e a Aula do Mar
A 1ª tenente de alcalde, María José Varela, recolleu esta mañá en Balarés, no Concello de Ponteceso, as 5 bandeiras azuis outorgadas ás praias de Santa Cristina, Bastiagueiro, Naval, Mera e Espiñeiro para este verán. A de Bastiagueiro é a única praia de Galicia que leva recibido este distintivo ininterrompidamente desde o 1987.