Do 24 ao 27 de outubro celebrarase en Ourense “Xantar”, o 25º Salón Internacional de Turismo Gastronómico no que participará o Concello para promocionar a XXXIV edición da Feira do Mel que terá lugar o vindeiro domingo 3 de novembro na polideportiva cuberta da II República en Perillo.
Durante os catro días que dura a feira, o Concello estará presente informando sobre os atractivos turísticos do municipio. Ademais realizaranse degustacións de mel nas que participará un apicultor dos que logo virán á feira do mel. Asistirán 4 apicultores, un por día, que amosarán os seus produtos.
O sábado 26 de outubro farase unha pequena degustación de produtos elaborados pola docente e alumnado do curso de cociña do CMF Isaac Díaz Pardo, na que o mel terá un importante papel.