Oleiros, 30 de maio de 2014-. O Concello de Oleiros colabora mañá sábado coa asociación de grupos Scout Hercules 283 da Coruña, no desenvolvemento dunha importante iniciativa medioambiental, destinada á recollida de lixo na marxe oleirense da ría do Burgo. A dita actividade comezará as 12.00 horas, no comezo da ría, na rúa Seixo, na parroquia de Perillo. Durante o transcurso da marcha recolleranse residuos de diversos tipos como vidro ou plástico entre outros. Posteriormente estes residuos serán trasladados a unha empresa autorizada para a súa correcta xestión medioambiental.
Hemeroteca
Dende Outubro 2010
O Concello de Oleiros, a través da Concellería de Servizos Municipais colabora coa loxística para este tipo de actividade, servindo, luvas de protección, bolsas de recollida de lixo, así coma un contedor específico e os trámites para a súa correcta xestión. Prevese que esta actividade finalice ao redor das 14.00 horas. O Goberno local aplaude esta importante iniciativa, así como o desenvolvemento da dita actividade para fomentar a conservación do noso medio ambiente, e concienciar as persoas na importancia de tratar os residuos axeitadamente.