Oleiros, 2 de febreiro de 2022-. O Concello de Oleiros ten concertadas dúas visitas guiadas o mércores 16 de febreiro no Museo de Belas Artes. No mesmo día visitarase a obra de Alejandro González Pascual, unha das figuras máis singulares das últimas décadas do século XX da plástica galega, e a mostra do Legado Emilia Pardo Bazán, unha exposición que trata de dar a coñecer os obxectos pertencentes ao legado da familia de Emilia Pardo Bazán, por medio dunha singular intervención arquitectónica instalada na sala 5 do museo.