Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello organiza unha charla sobre a influencia das redes sociais na educación dos adolescen

Oleiros, 3 de maio de 2019-. O vindeiro xoves 9 de maio, ás 20:00 horas, o auditorio do centro cultural A Fábrica acollerá unha charla baixo o título Todo por un like, na que se falará sobre a influencia que teñen internet e as redes sociais na educación emocional, afectiva e sexual nas etapas da infancia e da adolescencia. Conducirán este coloquio dúas especialistas na educación emocional, en redes sociais e no traballo con menores e adolescentes: Sara Vierna e Virginia Pañeda, integrantes de Almas Meraki.

Hai tempo que a educación e a formación dos nosos fillos e fillas non se restrinxe unicamente ao entorno familiar e ao centro educativo, a irrupción nas últimas décadas das novas tecnoloxías e o acceso a internet a través de numerosos dispositivos provoca que estes medios sexan hoxe en día un potente axente educativo nas etapas da infancia e na adolescencia. Coñecer a influencia que teñen nos menores, os comportamentos que derivan do seu uso indiscriminado e sen criterio e, sobre todo, a necesidade dun acompañamento por parte das familias serán algún dos obxectivos desta charla.

Coñeceremos que hai detrás de moitos dos comportamentos que observamos hoxe en día nos nenos e nenas e, posteriormente, na adolescencia, unha etapa da vida á que se chega cada vez antes de tempo.

Esta charla enmárcase dentro do Programa Familias Inquedas, un conxunto de actividades dirixidas ás familias de Oleiros con menores para apoialas, acompañalas e orientalas na educación e crianza dos seus fillos e fillas.

back link