O TEA (Trastorno do Espectro Autista) ten unha prevalencia de aproximadamente 1 de cada 100 nacementos en España. Nas últimas décadas produciuse un importante incremento, posiblemente debido a unha maior detección e uns diagnósticos mais precisos. A realidade é que afecta a áreas fundamentais no desenvolvemento dunha persoa repercutindo de forma importante na súa vida diaria. As familias das nenas e nenos con este diagnóstico son indispensables na súa evolución, pero en moitas ocasións séntense soas e incomprendidas pola multitude de obstáculos e dificultades que atopan tanto no propio entorno familiar e veciñal, como no educativo, formativo, laboral e incluso sanitario.
É fundamental que poidan contar tanto de apoios externos como de espazos nos que expresarse libremente, onde se lles escoite sen sentirse xulgadas. Coidar o seu benestar emocional e psicolóxico é esencial para o desenvolvemento dos seus fillos e fillas.
Dende o Concello de Oleiros ofrécese esta charla aberta sobre estas cuestións na que ademais se informará da existencia destes grupos estable de apoio para familias nesta situación. Esta actividade é aberta e gratuíta, sen necesidade de inscrición previa