Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello organiza encontros con persoal municipal abertos a todos os mozos e mozas de Oleiros

Oleiros, 7 de decembro de 2016-. O estudo que se está a facer o Concello de Oleiros sobre a mocidade oleirense denominado “Xeración A Fábrica” continúa o seu traballo. Os próximos 12,14 e 16 de decembro terán lugar no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo ás 17:00 horas uns foros temáticos onde os mozos e mozas poderán participar directamente co persoal municipal.

As temáticas seleccionadas parten da información recollida nos encontros organizados anteriormente onde os mozos e mozas que participaron debateron, suxeriron e opinaron a través de diferentes dinámicas, sobre o seu día a día no Concello.  O luns 12 de decembro destinarase a tratar os temas de vivenda, emancipación e emprego, o 14 de decembro educación, formación e valores e o 16 de decembro ocio e tempo libre.

O obxecto destes foros e que tanto os rapaces e rapazas coma o persoal municipal poidan poñer en común os aspectos máis importantes destas temáticas, profundando nelas de maneira que se contemplen as diferentes opinións e cheguen a puntos centrais destas, retroalimentándose mutuamente deste proceso.

Os mozos e mozas que queiran participar poderán facelo enviando un correo electrónico cos seus datos e concretando en que encontros queren participar a c.xuventude@oleiros.org.
 

back link