Oleiros, 22 de abril de 2014-. Os días 23 e 24 de abril, terán lugar ás XII Xornadas de Orientación Académica que un ano máis organiza o Concello de Oleiros. O obxectivo destas xornadas, destinadas para o alumnado de 2º de bacharelato e 4º da ESO, no é só asesorar e axudar ao alumnado participante, senón dar a coñecer as distintas opcións formativas que se lle presentan ao rematar o ciclo académico correspondente, senón tamén colaborar con vós, nais e pais desa mocidade que se atopa ás portas de encarar unha nova etapa da súa vida.
As xornadas contarán coa presenza dos orientadores dos centros educativos de secundaria de Oleiros, da orientadora do Centro Municipal de Formación Ocupacional Isaac Díaz Pardo, así como coa colaboración externa de persoal docente da Universidade da Coruña e da Consellería de Educación a través do Equipo de Orientación específico da Coruña. Entre os dous días o centro cultural A Fábrica dará cabida a un total duns 320 alumnos e alumnas dos centros educativos de Oleiros.
O xoves 24 de abril ás 20:00 h, no auditorio da Fábrica, terá lugar unha mesa informativa dirixida aos pais e nais deste alumnado co obxecto de dar a coñecer as distintas opcións formativas ás que poden optar os seus fillos, así como formular as dúbidas existentes sobre o seu futuro académico.